Para coñecer como se moven as nosas mans e achegarnos aos osos que hai no seu interior, estes días construímos na clase, unha man robótica.
Estes son os materiais que utilizamos:
Cecilia, amosounos o resultado do seu traballo e explicounos o proceso de elaboración, así como, o funcionamento da súa man robótica.
Parabéns, Ceci!!
A man robótica, imita o deseño dunha man humana.
Cando dobramos un dedo, un músculo (nós tirando do fío) do noso antebrazo tira dun tendón (o fío) , unha fibra longa e resistente que conecta o músculo co óso (palliñas) e fai que o dedo se dobre pola articulación.