Dende hai uns días, temos un novo compañeiro na nosa aula. Non sabemos moi ben o seu nome completo, pero contan na clase, que é coñecido como "Mariano".
Non temos queixa ningunha del! (el tampoco laia moito).
Mariano, escóitanos con atención, míranos fixamente a cada intre, e, grazas a el, coñecemos máis de preto o noso corpo. Cada día aprendemos un anaquiño máis del e descubrimos a maquinaria tan perfecta que temos no noso interior.
Gala máis Roger, animáronse a poñerlle, a modo de "tatoos", algúns dos nomes dos ósos que compoñen o seu craneo e o seu tronco.
En resumidas contas... que estamos encantados de telo connosco!