De xeito voluntario, presentáronse á XXIII edición dos Premios Muralla, organizada polo diario provincial "El Progreso", os nosos compañeiros Martín e Tito na modalidade de "Debuxo Artístico".
Houbo arredor de 2.700 participantes, pertencentes a medio centenar de centros educativos de Galicia, que quixeron plasmar o seu sentir a través dos seus traballos.
A iniciativa, o interese, a creatividade, a imaxinación , as gañas de querer facer, tiveron o seu recoñecemento para ámbolos dous, que recibiron os seus correspondentes diplomas.
Parabéns Rapaces!!!
A sorpresa chegou cando nos comunicaron que ademáis, Tito, era finalista no concurso!!
Non podedes imaxinar, a ledicia que sentimos no noso cole... e para que negalo, o orgullo de ter entre nós, non un, senón dous campións !! ❤