Ademáis de coñecer como se pesca, que especies se pescan, a importancia de comer peixe,e, por suposto, o coidado do medio mariño, visitamos a lonxa, onde aprendimos entre outras cousas, a diferenciar a pescada de rede da pescada de pincho, un peixe sapo da xuliana, puidemos coñecer como se fai unha poxa, dimos de comer sardiñas ás gaivotas...
Coñecimos o taller do pescador da Confraría de Celeiro, o monumento ao náufrago e moitas cousas máis!
Non podemos pedir máis, porque por riba de todo o que vos contamos, tivemos un día de sol ...excepcional!!
Houbo tempo para todo: para aprender, e por suposto, para pasar un rato divertido con todos os compañeiros de nivel.
Achegamos o noso agradecemento á Confraría de Celeiro por permitirnos participar nesta experiencia inesquecible!
Así de ben o pasamos!!