10/10/2023

ILUSIÓNS ÓPTICAS

Escoitaches falar de ilusións ópticas?

Son alteracións ocasionadas por algunha actividade ou obxecto, capaces de enganar ao sistema visual das persoas. A imaxe percibida viaxa dos ollos ao cerebro, ocasionando unha percepción equivocada da realidade. O proceso mediante o cal o noso cerebro combina información de percepción de cor, formas, movementos, texturas, lugares, e logra unha interpretación con todos eles, é complexo, e o único que se sabe con certeza é que non ten a capacidade suficiente para manexar toda a información que recibimos a través do que vemos.

É por iso que a mente se ve obrigada a intervir, elixindo a interpretación que pareza máis lóxica.

Vexamos algún exemplo:



Moitos artistas deron ás súas obras aspectos cun toque máxico usando as ilusións ópticas, creando profundidade, contrastes, e ambigüidade levando a quen admira as súas obras aos seus límites sensoriais.
Fíxate na obra "Galatea de las Esferas" de Salvador Dalí:


O artista, nun xogo de ilusións ópticas, reinventa o rostro da súa dona, átomo a átomo, nunha danza gravitatoria en tres dimensións.

Vexamos máis ilusións ópticas! Atent@s!

ILUSIÓNS ÓPTICAS de Ana Gonzalez
Cool Red Outer Glow Pointer