05/02/2024

VIAXEIROS POR EUROPA: SUECIA - MALTA

Hoxe fixemos un grande percorrido. Atravesamos o continente europeo de norte a sur. Do frío de Suecia desprazámonos ás illas do Mar Mediterraneo, Malta. Ámbolos dous países pertencen á Unión Europea.


A embaixadora de Suecia, chegou cargada cunha maleta chea ata os topes. Invitounos a coñecer o Palacio Real de Estocolmo, pasar un día divertido no parque de atraccións "Liseberg",  a comer o "Knäckebörd" (pan con queixo e xamón) e, se cómpre algún moble, visitar a franquicia máis coñecida en Europa para amoblar a casa.
Abraidos quedamos coas curiosidades que a embaixadora sueca contou sobre o seu país: é o país que conta con máis restaurantes dunha coñecida marca de comida rápida, foron os inventores do  cinto de tres puntos que utilizamos nos nosos coches, do GPS e o tetrabrick. Por suposto, non se esqueceu de falarnos do creador dos "Premios Nobel", Alfred Nobel, inxeneiro, químico e inventor da dinamita.


A embaixadora de Malta, tampouco quedou atrás. Foi moita a información que nos trouxo  do arquipélago (conxunto de illas)  de Malta. Sabíades que a cruz de San Jorge que aparece na súa bandeira, é símbolo de  honra polos malteses que loitaron na 2ª Guerra Mundial? 
Invitounos a visitar a "Fonte do Tritón", a "Torre de Santa Ágata", tamén coñecida como a "Torre vermella" pola cor da pedra caliza coa que está construída. E como non podía ser menos, convidounos a degustar o seu prato típico, "Pastizzi", pasteis recheos de requeixo ou chícaros ( non confudilos cos pastizzi italianos).
Sen dúbida, foi unha xornada ben amena na que aprendimos moitas cousas!
Parabéns, rapazas!

Cool Red Outer Glow Pointer