29/02/2024

VIAXEIROS POR EUROPA: GRECIA - ESPAÑA - NORUEGA

Estes días, seguimos a percorrer Europa facendo unhas viaxes ben importantes: partimos de  terras gregas, fixemos escala en España, e dende alí, puxemos rumbo a Noruega.


O primeiro en chegar foi o embaixador do país coñecido como o "berce da cultura occidental: Grecia, e que ademáis, está situado estratexicamente entre tres continentes (Europa, Asia e África).

Falounos da Acrópole na súa capital, Atenas, onde podemos visitar o Partenón (templo da deusa Atenea), do alfabeto grego, e por suposto das variedades gastronómicas que nos ofrece o país. De feito, tróuxonos como agasallo un libro de cociña grega. Moitísimas grazas!, Ben agradecidos estamos!



Recomendación do embaixador grego: a empanada de iogur! 

A seguinte parada foi ... España!! Que país máis fermoso!... 
A súa embaixadora, fixo unha presentación tan, tan preciosa, e con tanto agarimo,  que ninguén se pode negar a visitalo por moi lonxe que vivas deste país. 
Explicounos o significado do seu escudo, a bandeira, a súa xeografía,  e sempre, cunhas pinceladas na que a  cidade romana máis importante para nós, estivo presente. Que bonito e que detalle pola súa parte! 


E despois de coñecer España, puxemos rumbo a Noruega! ... terra de vikingos, montañas, glaciares e fiordos. Non vexades a envexa que nos deu cando nos falou da beleza inexplicable das "Auroras Boreais" que se poden observar durante as noites de inverno, das súas casiñas de madeira, e de todos os deportes que se poden practicar ao aire libre!
Sabíades que no pobo noruego de Longyearbyen (nas illas Svalbard), morrer é ilegal? Co paso do tempo, comprobaron que a enorme capa de xeo de cubría os cadaleitos, impedía que os cadáveres se descompuxeran. Por mor disto, no camposanto destas illas, xa non hai sitio, polo que se morres aquí, enviarán o teu corpo en avión para a túa casa. Curioso, verdade?


Unha ruta emocionante, entretida e con moita información!

MARTÍN, SARA E CHLOE, MOITOS, MOITOS PARABÉNS!!
Cool Red Outer Glow Pointer