O pasado venres, participamos na iniciativa "XOGADE" coordinada pola Fundación Galega do Deporte. Desprazámonos ás instalacións do Centro Gravitty de Lugo, onde da man de Rubén e Gael, os monitores, gozamos dunha xornada deportiva moi interesante: fixemos pinchacarneiros, brincamos nas camas elásticas, trepamos polas espaleiras, superamos circuitos deportivos, fixemos estiramentos... e ata contan, que a responsable do grupo atreveuse con algunha destas actividades. Será verdade? ...😉