22/04/2025

DÍA DO LIBRO 2025

 



O 23 de abril, é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día, pero en 1616, finaron tres importantes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e Shakespeare.

Cervantes, en realidade, morreu o 22, pero foi soterrado o 23, e en canto a Shakespeare, ese 23 de abril, corresponde ao calendario xuliano, vixente aínda na Inglaterra isabelina.

Hai libros que quedan nas nosas lembranzas por sempre, outros chegan incluso ao noso corazón; uns poucos,  simplemente pasan de largo, pero todos, axúdannos a liberar emocións: podemos sentir ledicia, tristura, sorpresa, amor,  desacougo... , e sobre todo, permítennos explorar, descubrir, viaxar, relaxarnos, descansar, aumentar a curiosidade e o coñecemento, manternos informados... en resumidas contas, axúdannos a medrar como persoas!
Recomendar un libro  é moito máis que suxerir unha lectura. É un xeito de compartir! 
Este ano, temos a sorte de contar con moitas achegas de recomendacións de libros. Que afortunados somos! 
Moitísimas grazas a todos/as vós por colaborar con nós
e  adicarnos un anaquiño do voso tempo!! 
Que mellor xeito podíamos ter para conmemorar o Día do Libro, 2025!!
grazas, grazas, grazas, grazas,grazas,grazas, grazas...













Estas son as nosas recomendacións. Tomade nota!

09/04/2025

II FEIRA DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN E EMPREGO

Visitamos a II Feira de Educación, Formación e Emprego impulsada pola Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional, que se está a celebrar na nosa cidade. Unha visita moi interesante na que puidemos coñecer en primeira man a amplia oferta académica que nun futuro teremos a nosa disposición.

Percorrimos os diferentes postos nos que pasamos por ámbitos moi variados; convertímonos por un intre, en locutor@s de radio, mecánic@s de automoción, científic@s, fotógraf@s, veterinari@s, militares, horticultor@s, cociñeir@s, informátic@s, perruqueir@s, bailaríns/as, fotógraf@s, deseñadores/as, sanitari@s, e moitas máis profesións!

Foi unha mañá moi ben aproveitada na que coñecimos o amplo abano de posibilidades educativas que están ao noso alcance. E se a todo isto,  engandimos a boa caminata que fixemos baixo un ceo ben azul, non podemos pedir máis!

Cool Red Outer Glow Pointer