29/05/2025

Visita de xogadores do CB Breogán

Hoxe tivemos no colexio a dous dos xogadores do CB Breogán: Petar Aranitovic e Dominik Mavra. Houbo tempo para facerlles preguntas, recoller sinaturas, quitar fotos .... Vaia paciencia tiveron!!

Iso si, o noso grupo aproveitou ben a visita ... Temos a  pelota de baloncesto da clase firmada por ámbolos dous!











22/05/2025

Visita ao Cuartel da Garda Civil

Invitados pola Garda Civil de Lugo, achegámonos ao cuartel para coñecer máis de preto as diferentes actividades que realizan.

Durante a visita, puidemos coñecer de primeira man as súas funcións e responsabilidades, así como, o traballo que a Garda Civil realiza na protección e seguridade da sociedade.

Coñecimos como funcionan nas situacións de emerxencia, de búsqueda e rescate, e a utilización que fan do equipamento especializado. 

Rematamos esta visita tan interesante coa demostración dun integrante do Corpo da Garda Civil, especialista en rastreo para atopar persoas,  que fixo as nosas ledicias: o can chamado "Thor".

































17/05/2025

Caravana Planeta ODS

Imaxinádevos vivir nun mundo seguro, no que non se produzan incidentes na casa, na rúa ou nas carreteiras? 

Visitamos a Caravana Planeta ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) na que aprendimos un pouquiño máis sobre como previr riscos e fomentar unha mobilidade segura, saudable e sostible. 


















Cool Red Outer Glow Pointer