Invitados pola Garda Civil de Lugo, achegámonos ao cuartel para coñecer máis de preto as diferentes actividades que realizan.
Durante a visita, puidemos coñecer de primeira man as súas funcións e responsabilidades, así como, o traballo que a Garda Civil realiza na protección e seguridade da sociedade.
Coñecimos como funcionan nas situacións de emerxencia, de búsqueda e rescate, e a utilización que fan do equipamento especializado.
Rematamos esta visita tan interesante coa demostración dun integrante do Corpo da Garda Civil, especialista en rastreo para atopar persoas, que fixo as nosas ledicias: o can chamado "Thor".