Como cada 25 de novembro, lembramos o Día contra a Violencia de Xénero, unha data na que todo o mundo únese para dicir “Basta!” a calquera forma de malos tratos ou desigualdade cara ás mulleres.
Todas as persoas merecemos ser tratadas con agarimo, xustiza e respecto, sen importar se somos nenas ou nenos, mulleres ou homes, lembrando que, o contrario NON É NORMAL.
Entre todos podemos facer que as nosas casas, as nosas clases e o noso barrio, sexan lugares onde todas as persoas se sintan valoradas e protexidas.
