Durante o día 25 de decembro, día do Nadal, e o 5 de xaneiro, noite de Reis, os rapaces/as van de casa en casa reunidos en xuntas, bandos, aguinaldeiros ou ranchos, cantando panxoliñas que acompañaban con gaitas, pandeiros, ferriños ou cunchas. Basicamente, comezan pedindo permiso ao dono da casa e logo seguen os saúdos e cantos con motivos do Nadal. Finalmente, piden un aguinaldo ao homenaxeado, que adoita consistir en chourizos, ovos, castañas, pan, viño etc., que a xunta agradece con coplas de louvanza e que vai amoreando para comer ó día seguinte dentro dunha festa de tódolos compoñentes. Hai ocasións nas que o dono da casa rexeita as panxoliñas ou nega o aguinaldo, o que supón cantos de aldraxe. A palabra panxoliña tamén designa accións agarimosas con intención de adular. De aí a expresión "Déixate de panxoliñas" coa que se rexeita a quen quere gañar a vontade con afagos e aloumiños. |
O grupo de 6ºA, deséxavos ...
Autores: Lois Rodríguez Gallardo e Alicia Corral Potente
Felices Festas, Nadal e Aninovo!
Felices Festas! A festexar coma tolos!
O Nadal non é tempo de chorar,
O Nadal é tempo de cantar!


