Visitamos a III Feira de Educación, Formación e Emprego no Pazo de Feiras e Congresos, no que puidemos coñecer de primeira man, distintos camiños formativos e saídas laborais grazas á grande representación de diferentes universidades, centros de formación profesional, escolas técnicas e empresas alí presentes.
Quen sabe se do noso grupo, nun futuro non moi lonxano, temos a unha futura pilota de avión, un futuro cociñeiro, unha futura inxeñeira ou un futuro veterinario!


















