13/10/2021

DELEGAD@S CURSO 2021-22

Dende días atrás estivemos a traballar cal é o perfil de delegado/a idóneo para representar a un grupo-clase: 

Que cualidades debe ter un bo delegado/a? ...  

  • debe ser a persoa máis simpática?  
  • a persoa que mellor viste?
  • unha persoa seria e responsable? ✅ .....

Cales son as funcións dun delegado/a? ...  

  • dicirlle á profe quen está a falar cando  non debe?❌, 
  • fomentar a convivencia entre o alumnado de aula? ✅         ....                                                                                      
Unha vez que tivemos claro que a elección de delegad@s de clase é máis importante do que semella, dimos uns pasos adiante:
  • presentamos ao candidat@s: presentáronse 13 compañeiros.
  • constituíuse a mesa electoral: formada por un presidente (alumno de maior idade) e unha secretaria (alumna máis nova da clase).
  • Por último: votación e escrutinio dos votos.                        
Actuaron como presidente e secretaria respectivamente, Rodrigo Carcedo máis Lara Alarcón, e, resultaron escollidos por maioría: Álvaro Ferreiro como delegado e Daniela Campelo como subdelegada.

No seguinte enlace podedes consultar a acta de elección de delegad@s (Fai click na imaxe).



Rodrigo e Lara formaron a mesa electoral
(Presidente e Secretaria)


Álvaro e Daniela: Delegado e Subdelegada de 6ºA
PARABÉNS RAPACES!! 
Seguro que o ides facer moi moi ben!, Ánimo e Adiante!! 👌💪

07/10/2021

CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS DA MATERIA


* Que pasa cando metemos unha botella de auga no conxelador? 

* Que pasa cando un metal entra en contacto co aire ou coa auga?

* Cambia sempre a materia do mesmo xeito? 

Imos ver a diferencia que hai entre CAMBIOS FÍSICOS E CAMBIOS QUÍMICOS DA MATERIA. 

Prestade atención ao seguinte video:

29/09/2021

KAHOOT: O RELEVO PENINSULAR

Déixovos o kahoot sobre o relevo peninsular para que poidades seguir practicando. Estará activo ata o vindeiro venres, 8 de outubro

Fai click na imaxe para empezar 

👇


28/09/2021

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN

Estes días, estamos a desenvolver na aula, un proxecto de investigación sobre lugares de dentro ou fóra da nosa comunidade, que,  aínda que sexan coñecidos por nós, intentamos descubrir e aportar cousas novas para poder  compartilos cos compañeir@s.

A decir verdade, está sendo moi froitífero posto que os traballos que se achegan, están despertando en todos nós moita curiosidade.

Hoxe, faláronnos de lugares ben interesantes da nosa xeografía.


Alba descubriunos a  "Baía da Concha" 👌👏

 Daniela falounos da localidade dos seus avós, Ligonde 👌👏
 
Manuel sorprendeunos coa información sobre Ribadeo 👌👏
 
Lara achegounos información moi interesante sobre Burgos, cidade que visitou hai pouco.👌👏

 PARABÉNS ALBA, DANIELA, MANUEL E LARA!!

👏👏👏👏

BO TRABALLO!

 Seguimos a investigar! 😉

26/09/2021

DIMINUTIVOS Y AUMENTATIVOS

¿Cómo podemos formar nuevas palabras que indiquen un tamaño mayor o menor?


Efectivamente, utilizando
sufijos aumentativos y sufijos diminutivos respectivamente.

Mira con atención el siguiente video:


¿Practicamos un poco? ... Adelante!

RINCÓN DE LA ORTOGRAFÍA

Deixovos os pasos a seguir para chegar ás fichas de ortografía: 

PASO 1: Escollemos materia- LINGUA CASTELÁ E LITERATURA



PASO 2: Imos a TEMAS DA MATERIA - RINCÓN DE LA ORTOGRAFÍA


PASO 3:
Unha vez na carpeta, abrimos: MI CARPETA DE FICHAS DE ORTOGRAFÍA


PASO 4:
Escollemos a FICHA 1


PASO 5:
ABRIMOS O ARQUIVO


DERRADEIRO PASO:
XA TEMOS A  FICHA DE ORTOGRAFÍA LISTA PARA EMPEZAR A TRABALLAR (na libreta):



21/09/2021

PROPIEDADES DA MATERIA

As propiedades da materia son as  que definen as características de todo aquilo que ten masa e ocupa un volume.

Masa = cantidade de materia que ten un corpo.

Volume = espacio que ocupa un corpo.

 


E que é o peso?

Peso = forza que exerce a gravidade sobre os corpos. 

Lembrades o que era un "dinamómetro"? 

Efectivamente, é o instrumento que se utiliza para medir forzas ou para calcular o peso dos obxectos. 


 

Por certo, sabedes que foi o inventror  do dinamómetro? a ver se o averigüades! 😉

Déixovos o video sobre as propiedades da materia para que reforcedes un pouquiño o que estamos a traballar.


 


08/09/2021

BENVIDO CURSO 2021-22!!


Ola a todos/as!

Iniciamos un novo curso escolar que conta cunha vantaxe moi importante: a experiencia acadada no anterior en canto a situación pandémica se refire. 

Somos coñecedores de como debemos funcionar dentro da aula e por todo o recinto escolar, e, isto, vainos axudar non só ao noso grupo, senón a todas as persoas que temos cerca. 

Xuntos intentaremos sacar adiante este curso escolar do mellor xeito posible para tod@s. 

Deséxovos moitísimo ánimo, ilusións a montóns, e, por suposto, todas as  gañas de aprender!!

ESTADES PREPARAD@S?

 ADIANTE!!






Cool Red Outer Glow Pointer