Dende días atrás estivemos a traballar cal é o perfil de delegado/a idóneo para representar a un grupo-clase:
Que cualidades debe ter un bo delegado/a? ...
- debe ser a persoa máis simpática? ❌
- a persoa que mellor viste?❌ ,
- unha persoa seria e responsable? ✅ .....
Cales son as funcións dun delegado/a? ...
- dicirlle á profe quen está a falar cando non debe?❌,
- fomentar a convivencia entre o alumnado de aula? ✅ ....
- presentamos ao candidat@s: presentáronse 13 compañeiros.
- constituíuse a mesa electoral: formada por un presidente (alumno de maior idade) e unha secretaria (alumna máis nova da clase).
- Por último: votación e escrutinio dos votos.
Actuaron como presidente e secretaria respectivamente, Rodrigo Carcedo máis Lara Alarcón, e, resultaron escollidos por maioría: Álvaro Ferreiro como delegado e Daniela Campelo como subdelegada.
No seguinte enlace podedes consultar a acta de elección de delegad@s (Fai click na imaxe).
Rodrigo e Lara formaron a mesa electoral
(Presidente e Secretaria)
Álvaro e Daniela: Delegado e Subdelegada de 6ºA
PARABÉNS RAPACES!!
Seguro que o ides facer moi moi ben!, Ánimo e Adiante!! 👌💪