18/12/2024

VISITA SORPRESA

A piques de rematar o primeiro trimestre, cando xa temos todo o traballo feito, tivemos na clase unha sorpresa moi grande!. A nosa titora do ciclo pasado,  Ana Cuba, sorprendeunos coa súa visita.  Emocionounos saber, que Ana, veu disposta a pasar un rato xunto a nós, convertendo ese intre, nun momento especial  que nos encheu de ledicia.

Moitas grazas Ana por todos os agasallos que nos achegaches, e ante todo, por lembrarte de nós!!

16/12/2024

LEONARDO DA VINCI

 De todas as cousas que admiramos de Leonardo da Vinci, se tivésemos que destacar algunha, quizá sería a capacidade de adiantarse ao seu tempo en todo o que facía. Pintura, enxeñería, anatomía, xeometría e botánica son só algunhas das disciplinas onde aínda pervive a súa pegada.

Hoxe visitamos a exposición "Leonardo da Vinci. Observa, cuestiona, experimenta" onde puidemos observar e comprobar como a seu xeito de pensar e a súa curiosidade leváronno máis aló no coñecemento. Que aptitudes e actitudes lle permitiron innovar? Como se potencia a creatividade? O vínculo entre o Leonardo dos séculos XV-XVI e nós, visitantes da exposición no século XXI, é moito máis natural e directo do que poidamos imaxinar.




















08/12/2024

6 DE DECEMBRO: DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA


Un chuvioso 6 de decembro, de 1978, os españois foron chamados a votar. Os cidadáns debían respostar cun "si", "non" ou "abstención" á pregunta: "Aproba o proxecto de Constitución?
Confirmábase neste día, que España contaría, por primeira vez, cunha Constitución apoiada directamente polo pobo.

A Constitución foi promulgada pola S.M o Rei D. Juan Carlos I, o día 27 de decembro de 1978 e publicouse o 29 de decembro no "Boletín Oficial do Estado",  entrando en vigor o mesmo día da súa publicación. Pero, que aporta a Constitución á organización do noso país? Mira e escoita con atención ao seguinte video:

Agora, Que sabes da nosa Constitución?
 

05/12/2024

MULTIPLICACIÓN DE NÚMEROS DECIMALES

¿CÓMO SE MULTIPLICAN LOS NÚMEROS DECIMALES?

Se multiplican como si fueran números naturales y, en el producto, se separan con una coma a partir de la derecha, tantas cifras decimales como tengan en total los dos factores.

¡Qué no te queden dudas!


Ejemplo:

73,24 x 5,1= 

Así resolveríamos: 


¿Practicamos?

02/12/2024

I OLIMPIADA MATEMÁTICAS

"Matemáticas Brillantes", "Los Matemáticos", "Escuadrón Salchichón", "Los Gran Matemáticos" "Los Operadores Matemáticos" máis "Los Teletavies", foron os grupos que se enfrontaron na I Olimpiada Matemática celebrada na aula de 5ºA.

Todos os grupos  tiveron que resolver en equipo 6 retos matemáticos: dende os Kilómetros que percorre a xente cando vai traballar, pasando polos cartos gastados nunha tarde de compras, e rematando  co ano no que naceu  e a idade coa que morreu Galileo, son algúns dos enigmas que puxeron en marcha as cabezas pensantes de todos eles.

Ata a solución foi un reto! Así descubrían a corrección! ("rasca e gaña", chamáronlle😊).

26/11/2024

Saída ao Centro Gravitty

O pasado venres, participamos na iniciativa "XOGADE" coordinada pola Fundación Galega do Deporte.  Desprazámonos ás instalacións do Centro Gravitty de Lugo, onde da man de Rubén e Gael, os monitores, gozamos dunha xornada deportiva moi interesante: fixemos pinchacarneiros, brincamos nas camas elásticas, trepamos polas espaleiras, superamos circuitos deportivos, fixemos estiramentos... e ata contan, que a responsable do grupo atreveuse con algunha destas actividades. Será verdade? ...😉


18/11/2024

25 DE NOVEMBRO DE 2024




O día 25 de novembro, converteuse nun día de reflexión e sensibilización para expresar o rechazo máis profundo a todo tipo de violencia contra as mulleres. Pero, por que un 25 de novembro e non outro día calquera? Queres saber onde e por que xurdíu esta conmemoración? 


As irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), coñecidas como "Las Mariposas", convertéronse nun símbolo do 25 de Novembro. Pero, sabíades que tiñan outra irmá chamada "Dedé"?. Hoxe, Carmen, deunos a coñecer este dato. Dedé Mirabal, a segunda irmá Mirabal, adicou toda a súa vida a manter viva a memoria das súas irmás.  Moitas grazas, Carmen! ABRIMOS PORTAS VIOLETAS!



12/11/2024

LAS PALABRAS POLISÉMICAS

Las palabras polisémicas son aquellas palabras que tienen más de un significado o acepción. 

Es por ello que siempre se requiere ponerlas en contexto para poder entender a qué se refiere.

Me asusté un poco cuando vi que un pequeño ratón atravesaba mi cuarto.
 
Prefiero el ratón inalámbrico para el ordenador. El ratón con cable siempre se enreda.



OTROS EJEMPLOS: 


REPASAMOS?

 ¿Practicamos? ... ¡Adelante!
Cool Red Outer Glow Pointer