23/04/2021

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O Día Internacional do Libro é unha conmemoración que se celebra cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

Trátase dun día simbólico para a literatura mundial, xa que nese día, pero do ano 1616, finaron tres grandes escritores da literatura internacional: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

Que mellor xeito de celebrar esta data que lembrando parágrafos da obra de Miguel de Cervantes: "Don Quijote de la Mancha"?

                                        mural realizado polo alumnado de 5º e 6º de EP

Que libro recomendarías para ler? aventuras, misterio, drama, ciencia fición, poesía, cómic ...

Aquí tedes as nosas suxerencias. Tomade nota!! 😉



 

Verónica, nai de Mencía, e Manuel, pai de Pablo,  quixeron participar connosco nesta celebración e achegáronnos nun video as súas recomendacións de lectura, así como  datos interesantísimos dos libro que nos presentaron.

Que sorte temos de poder contar con familias tan participativas que nos axuden a camiñar todos xuntos!!

O alumnado de 6ºB e a súa titora, agradecemos enormemente a vosa colaboración !!

 

Moitísimas, moitísimas grazas!!! 💖

👏👏👏👏





Cool Red Outer Glow Pointer