Hoxe, na clase de CC.Sociais, dous compañeiros, Pablo Gallego e Pablo Rodríguez, sorprendéronnos con material sobre o tema que estamos a traballar: A historia do século XX.
Pablo Gallego achegounos un libro sobre o conflito máis grande e destructivo da historia: A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL.
Foi no ano 1936 cando debido á dificil situación económica, política e social, no noso país comeza unha sanguenta guerra: A Guerra Civil Española.
Pablo Rodríguez achegounos un libro sobre A Guerra Civil Española.
Reflexo fiel desta época e das dramáticas circunstancias que se viviron é o lenzo de Pablo Picasso "Guernica" , un alegato contra a barbarie e o terror da guerra.
Moitísimas grazas a Pablo.G e a Pablo.R polo voso interese e as gañas que tedes por achegarnos todo o que ides descubrindo sobre a nosa historia. Todas as vosas colaboracións axúdannos a facer máis doada a nosa aprendizaxe. 👏👏 👏
Adiante tod@s!!, e... a seguir furgando na historia!!