LEVÁNTASE O TELÓN!
O venres pasado continuamos coa lectura da obra teatral: "Destino Lugo". Por uns minutos convertémonos no Mago Merlín, en Froilán, na Meiga Irimia, no VII Conde de Lemos, en Petouto, en Marta, en Tomás, en Lucía ... e percorremos a provincia de Lugo: dende a Mariña á Serra de Meira, dende o nacemento do río Miño ata a Ribeira Sacra, de aí imos cara aos Ancares e ao Caurel ... facendo unha viaxe chea de risas e aventuras.
Aproveitando o bo tempo, sacamos a escena ao patio e aí limos e dramatizamos esta obra de teatro (aínda non rematamos)... e, por sorte, ata saíu o sol un ratiño!