Son moitas as consecuencias que, por mor das actividades humanas, vese alterada a nosa contorna e ocasionan impactos negativos sobre o medio natural e os ecosistemas.
Este tema que estamos a traballar na clase de CC Sociais, reforzouse grazas á magnífica exposición oral que, de xeito voluntario, nos presentou hoxe Marina baixo o título de : "SALVEMOS O PLANETA".
Falounos de aspectos moi, moi importantes a ter en conta para poder coidar o mundo en que vivimos.
Que sorte temos de poder contar con alumnado que se implique tanto no seu traballo,e así, poder aprender de todo o que nos achegades! Moitísimas grazas, e,... a seguir investigando!
Parabéns Marina!!👏👏👏