Na clase de CC Naturais estamos a estudar a materia e as súas reaccións químicas, e, para coñecer máis sobre este tema, hoxe, a mesa da profe converteuse por un momento nun laboratorio improvisado.
Guille máis Alejandra, sorprendéronnos hoxe como científicos que nos demostraron como se pode inchar un globo sen necesidade de soplar.
Que materiais precisamos?
- vinagre
- bicarbonato sódico
- un embude
- unha culler pequena
- unha botella
- un globo
- luvas refugables
Paso 1º: botar un pouco de vinagre (3 dedos aproximadamente) dentro da botella.
Paso 2º: con axuda do embude, botamos cinco culleradas dentro do globo e axustámos o globo na boca da botella.
Paso 3º: deixamos caer o bicarbonato sódico que hai dentro do globo na botella para que se misture co vinagre.
Como continúa? Mellor, mira...
Que foi o que pasou?
Cando o bicarbonato cae na botella e se mistura co vinagre, prodúcese unha reacción química que provoca que se libere un gas (dióxido de carbono). Este gas, encargado de producir as burbullas, precisa espacio que atopa dentro do globo, por iso se infla.
Como falamos na clase, neste experimento, hai dous reactivos que ao misturarse, convértense noutra substancia chamada produto:
vinagre (reactivo) + bicarbonato sódico (reactivo) = dióxido de carbono :CO2 (produto).
MOI IMPORTANTE: Non intentes facer ningún experimento sen axuda dun adulto. 😇