Hoxe chegaron á nosa clase dous "embaixadores europeos" que nos trouxeron moitísima e moi interesante información sobre os seus países.
Dende Suecia, viaxamos a Ucraína, onde, o embaixador deste país, deunos a benvida e presentounos aspectos interesantísimos do seu país.
Sabíades que en Ucraína hai unha rexión que se chama "Galitzia"? ( o nome seméllase moito ao nome da nosa comunidade)
Se queredes saber máis sobre Ucraína, clickade na bandeira do país
PARABÉNS RAPACES!!
SEGUIMOS A COÑECER MUNDO!