14/01/2022

ATA SEMPRE, MARTINA!

Na vida, moitas veces, temos que tomar decisións que nos custan moito. Pero, sempre debería ser  pensando  na mellora e no avance de cadaquén. 

Hoxe, tivemos unha mañá moi morriñenta na clase, pois tocou dicir, con todo o noso cariño, ATA PRONTO! á nosa compañeira Martina, pois marcha a vivir a outro país.

Todos os que formamos o grupo de 6ºA (alumnos e mestres)  estamos seguros de que non nos imos esquecer da nosa amiga. 

Desexámosche a mellor sorte do mundo na nova etapa que vas emprender! 

Moito ánimo e sorte, Martina!




Cool Red Outer Glow Pointer