Hai días, comezamos a traballar sobre cal debería ser o perfil idóneo dun bo delegado/a de grupo e cales son as súas funcións. Tarefa ben importante!
Houbo unha listaxe de candidatos/as bastante longa que se presentaron á elección, dos que estou ben segura, que calquera deles/as o farían moi ben.
Chegado o día da votación, constituímos a mesa electoral, que estivo formada por Samuel Paiva, que actuou como presidente, e, Martín García, que actuou como secretario (alumno maior e alumno máis novo, respectivamente), e procedimos á votación.
Saíron nomeados por maioría de votos:
DELEGADO 5º A: Izan Alvarellos Cambeiro
SUBDELEGADO 5º A: Aitor Bruzos Alonso
Parabéns Izan e Aitor!
Seguro que o ides facer moi ben! ... ADIANTE!!