O SAMAÍN forma parte da tradición máis enraizada e enxebre da nosa terra.
Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se conta que é máis doado transitar entre dous mundos: o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.
Pero, cal é a orixe desta conmemoración? Botade unha ollada á información que vos deixo. Seguro que aprenderedes cousas ben curiosas sobre o SAMAÍN!