29/11/2022

TRABALLANDO EN EQUIPO

Durante este primeiro trimestre, o noso colexio acolle a alumnado do Master en Formación do Profesorado, que chega con moitas gañas de coñecer a realidade da profesión de docente.

Ata a nosa clase, achegáronse Marta e Joel que quixeron coñecer como funciona un aula Edixgal.

Sentímonos encantados de que estivesen connosco, e sobre todo, da "actividade-sorpresa" que nos prepararon: a realización dunha serie de probas de destreza , enxeño e coñecemento que tivemos que superar por equipos.

Foi unha xornada estupenda na que, ademáis de pasalo fantásticamente, aprendemos moitas cousas.
E, que mellor xeito de rematar a actividade , que, cun diploma de recoñecemento!


Moitas grazas, Marta e Joel, pola vosa dedicación, atención e, por suposto, por todo o agarimo que poñedes no voso traballo.

Estamos seguros, de que seredes uns grandísimos profesionais!!
Cool Red Outer Glow Pointer