22/02/2023
DÍA DE ROSALÍA 2023
18/02/2023
ENTROIDO 2023
07/02/2023
CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR
Hoxe, participamos nunha das charlas que a Policía Nacional achega aos colexios, dentro do "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna", promovido polo Ministerio de Educación e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.
O tema tratado foi o "Acoso Escolar"; tema, que nos preocupa tanto na actualidade ,e, que, por todos os medios, queremos eliminar no seu conxunto: dende as víctimas, os observadores,e por suposto, os agresores.
O acoso escolar é unha loita na que todos temos que implicarnos para erradicarla.
01/02/2023
FUNDACIÓN BREOGÁN: NINGÚN ARO SEN REDE
Hoxe, tivemos unha visita moi especial no noso cole. Representantes da Fundación Breogán, achegáronse ata aquí para falarnos dunha iniciativa moi interesante que están a levar a cabo.
Salva Arco (ex-xogador e ex-capitán do CB Breogán), Ana Traseira (Directora da UNED de Lugo), e, o que non podía faltar, Máximus, a mascota do clube, presentáronnos o proxecto "Ningún aro sen rede" que pretende dotar a todos os centros escolares que o desexen, de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles.
O noso cole, dende hoxe, conta con dúas destas redes nas canastras do patio. O baloncesto únese deste xeito á reciclaxe, á reutilización, e, por suposto, ao convencimento de poder contribuir a mellorar a nosa sociedade.