Hoxe, tivemos unha visita moi especial no noso cole. Representantes da Fundación Breogán, achegáronse ata aquí para falarnos dunha iniciativa moi interesante que están a levar a cabo.
Salva Arco (ex-xogador e ex-capitán do CB Breogán), Ana Traseira (Directora da UNED de Lugo), e, o que non podía faltar, Máximus, a mascota do clube, presentáronnos o proxecto "Ningún aro sen rede" que pretende dotar a todos os centros escolares que o desexen, de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles.
O noso cole, dende hoxe, conta con dúas destas redes nas canastras do patio. O baloncesto únese deste xeito á reciclaxe, á reutilización, e, por suposto, ao convencimento de poder contribuir a mellorar a nosa sociedade.
Estreamos as redes novas de baloncesto demostrando as nosas dotes como xogadores, e, tamén, tivemos tempo de conseguir algún autógrafo!
Os primeiros en encestar conseguiron premio.
Agradecemos a visita da Fundación Breogán e comprometémosnos a aportar o noso grao de area nesta tarefa tan importante de coidar da nosa contorna, e, por suposto ... MOITO BASKET!