O Día de Rosalía, converteuse nos últimos anos, nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego. Unha data que ata o de agora, e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, celebrábase o 24 de febreiro, día en que recibiu o bautismo. Esta efeméride adiántase un día, ao 23 de febreiro, tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real de nacemento.
As flores preferidas de Rosalía eran os pensamentos, e, sen dúbida, ela foi a voz do seu pensamento.
"Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino".