31/03/2023
DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2023
VISITA Á VILA DE MEIRA
O pasado martes, realizamos unha saída á vila de Meira para visitar o nacemento do noso río Miño, e poder coñecer parte da historia tan emocionante desta fermosa terra.
Acompañounos en todo momento, Yoani, encargada da Oficina de Turismo de Meira. Con ela, puidemos descubrir a interesante lenda da "Meiga Irimia"; explicounos a orixe do Mosteiro da orde Cisterciense que daría paso á Facultade de Filosofía e despois a hospital militar, axudounos a atopar os animais que hai nos ferraxes orixinais das portas da igrexa, e moitísimas cousas máis, que sen dúbida, despertaron a nosa curiosidade.
Agradecémoslle enormemente a súa desinteresada colaboración, e, por suposto, o bo trato recibido en todo momento. Que marabilla poder contar coa súa presenza durante esta visita!
Por suposto, tivemos tempo de lecer! e, xa de volta, paramos na Lagoa de Fonmiñá , onde o Miño aínda é un raparigo e, paseniñamente, converterase no río galego con maior sabedoría.
Ah, e tamén lucíu o sol toda a mañá! ... 😉
22/03/2023
OS ANIMAIS INVERTEBRADOS
Os animais invertebrados son aquel conxunto de especies do reino animal que non teñen columna vertebral, espiña dorsal ou un esqueleto interno articulado.
Xeralmente, os animais invertebrados adoitan ser de menor tamaño se os comparamos cos grandes vertebrados terrestres e acuáticos. Con todo, existen invertebrados de todas as formas e tamaños: algúns son microscópicos mentres que outros, como a lura xigante, poden verse a primeira ollada!
A parte máis importante da biodiversidade coñecida, está só constituida por organismos invertebrados.
Hoxe tivemos a sorte de poder observar exemplos de animais invertebrados pertencentes á clase dos moluscos, en concreto aos gasterópodos, e tamén, algúns equinodermos e bivalvos na clase.
20/03/2023
A NOTICIA (NOVA)
Unha noticia (ou nova) é o relato ou redacción dun texto informativo que se quere dar a coñecer e se refire a un feito novo ocorrido dentro dunha comunidade e que merece a súa divulgación. Tamén son noticia aquelas que sucederon hai tempo, non hoxe, pero que son descubertas ou contadas por alguén no momento actual (descubrimentos científicos, achados…).
Cales son as partes dunha noticia? Fíxate no exemplo:
13/03/2023
SUMA Y RESTA CON UNIDADES DE LONGITUD
¿Podemos sumar manzanas con peras? y ¿elefantes con hormigas? ¡Claro que no!