Sabías que foi unha muller quen inventou a linguaxe dos ordenadores? e sabías que a radiografía foi tamén inventada por unha muller? e que este blog é escrito por unha muller?
O Día Internacional da Muller, que empezou a conmemorarse pola ONU en 1975, atopa as súas orixes nas manifestacións das mulleres que, especialmente en Europa, reclamaban a comezos do século XX o dereito ao voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre os sexos.
É, neste ano, cando as Nacións Unidas, empezan a conmemorar o "Día Internacional da Muller" (8 de marzo).
Pero, por que se escolleu un 8 de marzo, e non, outro día para esta conmemoración?
A historia está chea de mulleres excepcionais, aínda que, ás veces, non sexan tan coñecidas como se merecen. Nadadoras, deseñadoras, cirurxiás, cantantes, pilotos, artistas, navegantes, activistas, doutoras ...
Durante estes días, puidemos coñecer algunhas destas admirables mulleres da man dos nosos compañeiros:
Parabéns rapaces! e moitas grazas polas vosas aportacións! Moi bo traballo!!