O pasado martes, realizamos unha saída á vila de Meira para visitar o nacemento do noso río Miño, e poder coñecer parte da historia tan emocionante desta fermosa terra.
Acompañounos en todo momento, Yoani, encargada da Oficina de Turismo de Meira. Con ela, puidemos descubrir a interesante lenda da "Meiga Irimia"; explicounos a orixe do Mosteiro da orde Cisterciense que daría paso á Facultade de Filosofía e despois a hospital militar, axudounos a atopar os animais que hai nos ferraxes orixinais das portas da igrexa, e moitísimas cousas máis, que sen dúbida, despertaron a nosa curiosidade.
Agradecémoslle enormemente a súa desinteresada colaboración, e, por suposto, o bo trato recibido en todo momento. Que marabilla poder contar coa súa presenza durante esta visita!
Por suposto, tivemos tempo de lecer! e, xa de volta, paramos na Lagoa de Fonmiñá , onde o Miño aínda é un raparigo e, paseniñamente, converterase no río galego con maior sabedoría.
Ah, e tamén lucíu o sol toda a mañá! ... 😉