10/09/2023

BENVIDO CURSO 2023-24!!

 Ola a tod@s!!

Espero que gozásedes moito das ben merecidas vacacións de verán! Agora, que xa chegou a volta ao colexio, quérovos dar a benvida.

Comeza unha nova aventura, un curso que seguro será especial, pois é o derradeiro curso da vosa andaina neste colexio. É momento de coller mochila, preparar material, encender o ordenador ... sen esquecernos de incluír algunhas das cousas indispensables para este novo comezo: ilusión por aprender cousas novas, entusiasmo por ver aos vosos amigos, gañas de reencontros, abrazos que quedaron pendentes, risas cheas de nervios por volver empezar...

Deséxovos un curso cheo de emocións. Que non deixedes de aprender cun sorriso, que gocedes do colexio e de todo o que se vive entre estas paredes. Lembrade que na escola, como na vida, é importante adquirir coñecementos, habilidades e ferramentas que nos formen, pero é prioritario o propósito de ser boas persoas, de saber ser e estar para nós mesmos e para os demáis.
Aprender e ser feliz han de ir da man, e aquí está a clase de 6ºA para que iso suceda. Sodes os protagonistas deste bonito conto. ADIANTE!

Cool Red Outer Glow Pointer