30/09/2023

SAN FROILÁN 2023

As Festas do San Froilán, en Lugo, son unhas das celebracións máis emblemáticas da nosa cidade, e, por suposto, un evento moi importante no calendario do turismo galego.

A nosa compañeira, Mara Demanuel Cerezal, é a autora do cartel escollido para anunciar a festividade de San Froilán Miudo, 2023. 

O cartel en cuestión, , segundo nos explicou Mara na clase, está feito con acuarelas (unha técnica nada doada, por certo), e nel, podemos observar a combinación tan fermosa  de cores,  luces,  movemento,  ledicia,  diversión e, como non, a tradición gastronómica destas datas, que tan ben soubo reflexar a nosa artista e que son ingredientes fundamentais das nosas festas patronais.

Sen dúbida, un fermosísimo traballo digno de anunciar as festas máis importantes da nosa cidade.

Gozade deste extraordinario cartel, e por suposto, pasade un moi Feliz San Froilán 2023!


PARABÉNS MARA!

Cool Red Outer Glow Pointer