29/11/2023
PROXECTO MUSICAL
20/11/2023
25 DE NOVEMBRO 2023
Como cada 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller .
A Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller, emitida pola Asamblea Xeral da ONU no 1993, define a violencia contra a muller como:
"todo acto de violencia que teña o poda ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto si se producen na vida pública como na vida privada".
16/11/2023
O CORPO HUMANO
Dende hai uns días, temos un novo compañeiro na nosa aula. Non sabemos moi ben o seu nome completo, pero contan na clase, que é coñecido como "Mariano".
Non temos queixa ningunha del! (el tampoco laia moito).
Mariano, escóitanos con atención, míranos fixamente a cada intre, e, grazas a el, coñecemos máis de preto o noso corpo. Cada día aprendemos un anaquiño máis del e descubrimos a maquinaria tan perfecta que temos no noso interior.
Gala máis Roger, animáronse a poñerlle, a modo de "tatoos", algúns dos nomes dos ósos que compoñen o seu craneo e o seu tronco.
En resumidas contas... que estamos encantados de telo connosco!
10/11/2023
VISITA DOS XOGADORES DO CD LUGO SALA
Hoxe, acompañados do seu entrenador, Guillermo Martínez, visitaron a nosa clase, dous xogadores do CD Lugo Sala : Luis Longo e Iago Tenreiro.
O equipo que está en plena tempada deportiva, convidounos a acompañalos no próximo partido, agasallándonos con entradas de balde, e tamén, coas súas sinaturas.
08/11/2023
CONSTRUÍMOS UNHA MAN ROBÓTICA
Para coñecer como se moven as nosas mans e achegarnos aos osos que hai no seu interior, estes días construímos na clase, unha man robótica.
Estes son os materiais que utilizamos:
03/11/2023
APADRIÑAMENTO LECTOR
Hoxe recibimos unha moi grata visita na aula de 6ºA!
Varios alumn@s de 2º da ESO, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, entre eles, antigo alumnado do noso centro, acompañados da súa profesora de Lingua Galega e titora, Ana Rouco, compartiron connosco unha agradable velada na que nos falaron do proxecto de irmandamento que están a desenvolver con outro IES das Pontes de García Rodríguez.
Animáronnos a ler e deleitáronnos coa lectura do libro no que os Bolechas corren moitas aventuras nesta localidade.
Estivemos encantados coa visita, e, agardamos cos brazos abertos a seguinte .

.jpg)

.jpg)



.png)