29/01/2024

DÍA DA PAZ 2024


Mural elaborado polo alumnado de 6º EP

Un ano máis conmemoramos o Día Internacional da Non Violencia e a paz.

Un 30 de xaneiro de 1948, morría asasinado Mahatma Gandhi, loitador incansable a favor da igualdade e a xustiza. A súa obra a favor da paz no mundo, veu sendo lembrada cada 30 de xaneiro dende 1964, ata que finalmente a partires de 1993, é recoñecida esta data para conmemorar o "Día escolar da non  violencia e a paz". 

Na loita pola paz, ademáis de Gandhi, hai moitos nomes e apelidos ao longo da historia. É o caso de Malala Yousafzai, moza paquistaní que loitou dende os 10 anos para poder asistir á escola.

"Tomemos os nosos libros e os nosos lapis. Son as armas máis poderosas. Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo".

Coñezamos pois, á persona que con só 17 anos, recibíu no 2014, o Premio Nobel da Paz.




Cool Red Outer Glow Pointer