19/01/2024

OBRADOIRO PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, tivemos a primeira sesión dos obradoiros sobre prevención da violencia de xénero, que, a través de Programa Socioeducativo do Concello de Lugo, estamos a desenvolver na nosa aula. 

Xunto con Natalia Quiroga, encargada de impartir esta actividade, afondamos nun tema moi importante: os "estereotipos" de xénero e a súa repercusión cando limita a capacidade das mulleres e dos homes para desenvolver as súas capacidades persoais, seguir as carreras profesionais e/ou tomar decisións sobre as nosas vidas.









Cool Red Outer Glow Pointer