02/04/2024

DÍA DO AUTISMO 2024

Cres que as croquetas que aprendiches a facer hai dous días saen tan ricas como ás da túa avoa? ou que podes aprender alemán con só descargar unha app?

Pois estás tan equivocado como cando pensas que non tes a ningunha persoa con autismo preto.

O 1% da poboación é autista, así que seguro que, aínda que non o saibas aínda, tes a alguén con autismo preto.
Este ano, baixo o lema "AUTISMO PRETO DE TI", conmemoramos o 2 de abril, Día do Autismo, axudando a visibilizar que as persoas autistas están ao noso carón, máis preto do que pensamos. Tamén no noso colexio, compartindo aula, tempos de lecer, comedor...



Pau Brunet, é un rapaz de 10 anos autista que estuda 5º de E.Primaria nunha escola pública. Sempre quixo que o mundo coñeza máis sobre o autismo e facer un mundo máis empático e comprensivo.
Pau é moi activo nas redes sociais, radio, xornais e programas de TV onde divulga e explica o seu día a día.
Na entrevista que estás a piques de ver e escoitar, coñecerás como vive Pau o seu autismo grado 1, dende o seu propio punto de vista, e dende a súa propia e única experiencia.
A única ilusión de Pau é ser feliz e que o mundo respecte ás persoas autistas.



Agora tócache a ti...


Intenta resolver o quebracabezas


Cool Red Outer Glow Pointer