12/04/2024

VISITA AO VELLO CÁRCERE DE LUGO

O Vello Cárcere é un espazo que despois de máis de 130 anos de historia, hoxe en día, é un lugar fundamental de encontro cultural e social na cidade, acollendo nos seus espazos todo tipo de manifestacións culturais e eventos: exposicións, concertos, obras de teatro, congresos, faladoiros, obradoiros didácticos…

A súa historia comeza con Nemesio Cobreros, o arquitecto que deseñou este emblemático edificio  da cidade de Lugo, así como, outros máis: O edificio do seminario, a porta de Campo Castelo (antigamente "Porta do Cárcere"), a torre do reloxo da casa do concello, o templete da Praza Maior...



Nós, quixemos remontarnos ao século XIX, e descubrir que historias encerran as paredes do  noso Vello Cárcere como punto de arranque para entender o que acontecía na nosa sociedade naquela época.

Así de ben nos foi!


Cool Red Outer Glow Pointer