15/05/2024

VISITA DO ALUMNADO DE 1ºB EP

Hai días, tivemos a sorte de ter na nosa aula a Julia, Lucas Carlos, Alfonso e Clara, alumn@s do grupo de 1ºB de EP, que viñeron acompañados da súa titora, Laura, máis a profe de prácticas, Silvia.

A súa visita, non foi unha visita calquera! Viñeron presentarnos o traballo tan estupendo, marabilloso e importante, que baixo o título de "Salvemos o planeta", estiveron a desenvolver durante días. 

Fixeron a  recollida e análise do lixo que xeneramos nos tempos de lecer. Non podedes imaxinar o "pouco limp@s" que podemos chegar a ser!!

Abraiados quedamos coas  explicacións de como elaboraron o proxecto, as conclusións ás que chegaron, e como non, abríronnos os ollos da importancia de manter o noso entorno limpo e coidado en beneficio de tod@s os que formamos parte da sociedade.

Dende entón, a nosa clase loce dun xeito diferente! e, se a alguén se lle cae algo ao chan, non ten máis que revirar un ollo e fixarse no mural co que nos agasallaron nesta visita.


É ben certo, que o ensino non entende de idades, e, neste caso, fomos nós, o grupo dos maiores do colexio, os que aprendimos dos "grandes pequenos" de 1º curso.

Quedamos encantados e moi agradecidos pola visita! Voltade cando queirades! e, por suposto, moitas, moitas grazas!!


Julia, Lucas Carlos, Alfonso e Clara, 

MOITOS, MOITOS... PARABÉNS!!

Cool Red Outer Glow Pointer