Convidados a visitar a I Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo, organizada pola Xunta de Galicia e o Concello de Lugo, que se está a celebrar estes días na nosa cidade, desprazámonos ao Pazo de Feiras coa finalidade de coñecer de preto as ofertas educativas e formativas que podemos ter ao noso alcance.
Participaban na feira, Centros Integrados de FP, Institutos de Educación Secundaria da nosa provincia, Conservatorios Profesionais de Música e Danza, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Artes e Deseño ...
As actividades mostradas foron do máis interesantes: simuladores de realidade virtual, experimentos científicos, achegamento a diferentes idiomas, actividades deportivas, artísticas, culinarias, sanitarias ...
Todas elas, son una pequena mostra dos diferentes camiños aos que poderemos optar, nun futuro non moi lonxano, para formarmos como auténticos e bos profesionais.