Hoxe, asistimos a un obradoiro sobre Heráldica, organizado polo Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento, onde coñecimos da man de Jenny, moita información sobre os emblemas heráldicos ou escudos:
Que tipos de soporte poden levar, que é a partición dun escudo, que son os mobles ( non os da marca sueca) que elementos exteriores soen levar (divisas, coroas, yelmos), e como lles chamamos ás cores empregadas no esmaltado: oro, prata , gules, azur, sable , sinople, púrpura; e como non, deseñamos a noso escudo! Unha actividade ben chula!