11/10/2024

VISITA DOS BOMBEIROS DE LUGO


Para rematar a semana, tivemos unha xornada moi especial no colexio. Tivemos a sorte de contar cunha representación do Corpo de Bombeiros de Lugo.

Nunha primeira charla informativa, presentáronnos diferentes materiais que utilizan no seu traballo e achegáronnos recomendacións moi importantes a ter en conta en casos de emerxencia (lembrade que moitas delas suceden no fogar).

Rematamos coa sorte de ter no noso  pavillón o camión de bombeiros! Poder subir, saber como se preparan e se colocan os bombeiros cando teñen que sair, o tempo que tardan en chegar... foron algunhos dos aspectos que coñecimos.













Cool Red Outer Glow Pointer