A data do 8 de marzo, é o día recoñecido polas Nacións Unidas para conmemorar o
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
"Para todas as mulleres e nenas: Dereitos. Igualdade. Empoderamento."
Este é o lema que a ONU propón este ano para esta conmemoración, e, a través do cal, reivindica ampliar a igualdade de dereitos, o poder e as oportunidades para todas as mulleres, sen deixar a ninguén atrás.
Para calquera de nós, homes ou mulleres, a autoestima é fundamental para o noso desenvolvemento como persoas.
Antes de afondar nesta data, convídovos a ver unha curtametraxe baseada no libro "Eu vou comigo" da escritora Raquel Díaz Reguera.
Premede na imaxe, prestade atención e .... logo comentamos!