O pasado 8 de marzo, Día da Muller, o Museo Provincial de Lugo encheuse de cadeiras baleiras. Pero non unhas cadeiras calquera. Senón, máquinas do tempo. Sen darte conta, podías viaxar pola historia de mulleres que, dun xeito ou doutro, fixeron que o mundo sexa hoxe como é.
O proxecto comezouno hai anos a Escola Palimoco.
Nós, temos a sorte de ter na nosa clase, a Icía, compañeira que formou parte desta fermosa actividade, e, con ela, tivemos o privilexio de poder , dende as nosas cadeiras, achegarnos ao sentir dunha muller que loitou pola súa terra e pola súa lingua ... a nosa terra e a nosa lingua, ROSALÍA DE CASTRO!
Casteláns de Castela,
tratade ben ós galegos:
cando van , van como rosas;
cando vén, vén como negros!
Castellanos de Castilla, de Rosalía de Castro.