20/06/2025
Rematamos!
13/06/2025
ARDE LUCUS 2025
Un curso máis, caracterizámonos de romanos e castrexos para desfilar, xunto co resto do alumnado e do profesorado do colexio, polas rúas da nosa cidade para darlle a benvida á nosa festa máis internacional "ARDE LUCUS 2025".
11/06/2025
Parque Infantil de Tráfico
Concienciados coa importancia da seguridade vial, desprazámonos ata o PIT (Parque Infantil de Tráfico) López Mella, onde, da man de expertos pertencentes á DXT, recibimos formación teórica e práctica sobre educación viaria.
Nas intalacións, puidemos utilizar bicicletas e karts para simular diferentes situacións sobre mobilidade e tráfico.
Por suposto, tivemos tempo de repostar enerxías antes de voltar ao colexio.
06/06/2025
TINKERCAD
Coordinados por Lucía Reseco, alumna da Escola de Formación do Profesorado, levamos a cabo unha actividade super interesante utilizando a plataforma de software gratuita "Tinkercad", baseada no diseño tridimensional.
Ademais de presentarnos esta ferramenta, explicounos e guiounos nos pasos a seguir para conseguir o noso obxectivo: crear unha maqueta da nosa aula.
Potenciamos a colaboración no traballo en equipo, practicamos a localización espacial, reforzamos as unidades de medida e o cálculo de escalas... Realmente, foi unha actividade moi, moi completa, onde, todo hai que dicilo, sentímonos moi orgullosos/as do noso traballo tan ben feito.
Moitas grazas, Lucía, por acompañarnos, guiarnos e ensinarnos tantas cousas durante estes días!!
Estamos segur@s que os teus futuros alumnos van ter moita sorte cunha mestra tan comprometida e traballadora!! Moitos parabéns!!