Chegados a estas alturas de curso, non todo vai ser traballar e estudar. Precisamos tempo para xogar, divertirnos, compartir e gozar! Encamiñados na recta final do curso, xunto cos compañeiros doutro grupo, desprazámonos ao parque de aventuras "Lucus Aventure", onde, puxemos a proba o noso vértigo, o noso equilibrio ... en definitiva, o noso espíritu aventureiro!
Non deixamos de aprender ... "O que se trae ao bosque, do bosque lévase" (non quedou nin un papel no chan!) Parabéns!! ... e, por suposto, despois de todo o exercicio físico, houbo tempo para recuperar folgos cunha boa merenda. Mágoa que durara tan pouco!
Contan que a encargada do grupo non se atreveu a subir ... semella raro!