Coordinados por Lucía Reseco, alumna da Escola de Formación do Profesorado, levamos a cabo unha actividade super interesante utilizando a plataforma de software gratuita "Tinkercad", baseada no diseño tridimensional.
Ademais de presentarnos esta ferramenta, explicounos e guiounos nos pasos a seguir para conseguir o noso obxectivo: crear unha maqueta da nosa aula.
Potenciamos a colaboración no traballo en equipo, practicamos a localización espacial, reforzamos as unidades de medida e o cálculo de escalas... Realmente, foi unha actividade moi, moi completa, onde, todo hai que dicilo, sentímonos moi orgullosos/as do noso traballo tan ben feito.
Moitas grazas, Lucía, por acompañarnos, guiarnos e ensinarnos tantas cousas durante estes días!!
Estamos segur@s que os teus futuros alumnos van ter moita sorte cunha mestra tan comprometida e traballadora!! Moitos parabéns!!