Hoxe, participamos nun obradoiro presentado pola Fundación Educativa e Social "Dignidade" baixo o título de "ESCOLAS SEN VIOLENCIA".
Da man de Julián, o noso relator, reflexionamos e traballamos no xeito de aportar o noso gran de area na erradicación das conductas violentas no ámbito educativo, e, aprender a fomentar o bo trato nas aulas e tamén fóra delas.